gtag('config', 'UA-106570544-1');
Luns, 28 Abril 2025

A Nosa Terra, 33 anos de información en acceso público

Desde hoxe está completa a dixitalización e o acceso público a todos os números de A Nosa Terra, culminando un acordo técnico asinado entre a Fundación A Nosa Terra e o Consello da Cultura Galega. Renacida en 1977, a edición contemporánea desta cabeceira nacida en 1907, percorre máis de tres décadas de abordaxe xornalística da realidade galega, no complexo periodo histórico da restauración democrática e a recuperación de dereitos nacionais.

O modo de acceso e procura está destacado sempre na portada da edición online. Pódese consultar número a número, ler en liña ou baixar ao ordenador ou teléfono para unha consulta máis demorada. Ao tempo a páxina de A Nosa Terra actualiza contidos periodicamente, con informacións e colaboracions, tanto de redacción propia como de contidos tirados dos milleiros de páxinas realizadas durante trinta anos, produto do esforzo dun ronsel de xornalistas, colaboradores e accionistas, que mantiveron sempre vivo o obxecto fundacional enunciado no número 0: “temos a intención de levar adiante un traballo que responda ao dereito de informar con rigor, simpatía e posicións críticas dos feitos que se relacionan co noso pobo. A Nosa Terra, ao definirse como un periódico de linea nacionalista fai, tamén, unha elección comprometida coa gran maioría, coas clases populares,  na loita da semente por ser frol“.

Ponse así o ramo á etapa que a Fundación A Nosa Terra considerou máis urxente. No futuro engadiremos á Hemeroteca todas as publicacións das series especiais: A Nosa Cultura, A Nosa Historia e Cadernos de Pensamento e Cultura. Ao cabo todas estas páxinas son o froito real e aínda útil de todo medio de comunicación.

Outros artigos

Lembranza documental da asemblea fundacional do BNG

Nas páxinas de A Nosa Terra, entre xaneiro e...

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das...

González Mariñas, homenaxe a un valedor do autogoberno galego

O 8 de xuño vai recibir unha homenaxe na...

Lembrando a María Xesús Arias, Pitusa

Golpea a desaparición da xornalista María Xesús Arias o...

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario....

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e...

Artigos relacionados

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario. Mestra excepcional, pedagoga da experiencia directa, a súa biografía alfómbrana as flores de moitas mulleres...

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e o debate que propoñía o recén desaparecido empresario galego Maxín Alfredo Froiz (1943-2022), segue de...

O sindicalista que recitaba a Curros

Tiven a sorte de coñecer, aprender e asombrarme coa súa dialéctica, cos seus coñecementos, coa súa postura diante das inxustizas que nos rodeaban a...
Share via
Copy link
Powered by Social Snap