O sociólogo Ramón Muñiz de las Cuevas publicou en 2001 en Laiovento o seu traballo Benvida maldita vellez, unha achega a un dos grandes desafíos da sociedade contemporánea, estudado desde unha mostra de homes e mulleres dun bairro da Coruña. Esta entrevista, unha entre as varias que ao longo dos anos se lle fixeron a Ramón Muñiz en A Nosa Terra publicouse en 2004 (Nº 1129). 

O título parece que fala de darlle a benvida a unha desgraza. Por que maldita vellez?

En realidade todos de mozos temos o desexo de chegar a vellos, pero a paradoxa é que logrado ese obxectivo topamos en que é unha idade que a sociedade despreza, exclúe, e a maiores atópaste con máis fraxilidade, con problemas de saúde.

Peor aínda nunha sociedade que vende a eterna xuventude?

Para a sociedade o que ten valor é a xuventude. De feito oriéntase na formación de man de obra, a idade adulta é a da consideración social e propiamente a da produtividade, e a vellez enténdese como un período no que xa non ten sentido a aprendizaxe porque xa non hai un horizonte produtivo. A que adican os vellos? Ao lecer, pero a un lecer exclusivamente banal. Velaí encaixan a maioría das actividades nos centros sociais e de xubilados. Non se pensa nun ocio que inclúa aprendizaxe por unha banda e tamén capacidade de ensinar. Antes o labrego formaba outro labrego e o sabio aínda podía ter alumnos, hoxe hai unha tendencia a arrumbalos. Hai unha política de idades que é excluínte.

O primeiro chanzo da vellez é a xubilación. Eses primeiros anos son críticos?

Depende moito do traballo que se levara. Nos traballos moi pesados a xente está desexando que chegue mentres que moitos autónomos queren retrasala. Hai un choque, levantarse pola mañá e pensar agora que fago? Pero en xeral vanse habituando, asumindo a xubilación e chegan a estar contentos. O meu traballo está feito sobre unha mostra de vellos con baixa instrución, pero que hoxe representan ben a unha parte maioritaria da sociedade galega. As entrevistas fixéronse nun bairro da Coruña, pero pode valer para calquera cidade galega. O que se se observa é que ninguén fai nada, tampouco os poderes públicos, para estimular actividades creativas ou de aprendizaxe.

Vostede di que había que considerar laboralmente a prevellez?

Chégase a unha idade, á volta dos sesenta anos, na que se dorme menos, hai menos capacidade físi- ca e de certo aumentan as baixas e o absentismo laboral. Daquela penso que debía pensarse nun período laboral especial, porque por unha banda a experiencia é un grado e unha necesidade para as empresas e non se pode prescindir desa xente, pero pola outra precísase fundamentalmente máis descanso. Agora apenas hai algún día máis de vacacións por anos traballados e iso non abonda. Economicamente debería funcionar e ademais daría oportunidade de entrar xente nova que demanda traballo.

Nunha sociedade dominada polo mercado estar vello é caro, pero tamén é negocio?

Está sendo un negocio, pero penso que hai demasiadas residencias para non tanta demanda, sobretodo pensando que nas privadas os prezos son un disparate. O negocio fano porque dinque son privadas pero benefícianse de concertos coa Xunta, ou do cheque asistencial… Agora estanse metendo a facelas os bancos e tamén multinacionais, pero é para pensións moi elevadas.

E que se fai cos que non teñen posíbeis?

A única posibilidade son as públicas. Cóbranlles un 75% da pensión pero permítenlles unha calidade de vida. As privadas tamén os collen mediante acordos pero como o fin é o negocio tenden a reducir persoal, deteriórase a alimentación…

Por que os vellos non poden participar nas asociacións viciñais, na política…? Hai que evitar que se separen do mundo.

O libro comeza cunhas historias de vida. Hai uns modelos de resposta comúns? A persoa hiperactiva, a que descubre a soedade, a que se preocupa só polo futuro dos fillos…

Pero hai que facerlles ver que están nun tempo no que tamén se pode aprender. Poden ir a clases, poden dalas. Xa ten habido moi-tas experiencias positivas en es-colas do medio rural, pero tamén através de asociacións. Por que os vellos non poden participar nas asociacións viciñais, na política…? Hai que evitar que se separen do mundo. Por si mesmos non o van facer, pero hai educadores preparados e hai unha obriga de facer políticas nesa dirección.

Téñenlle medo á morte?

Dan por feito que a vida está rematando, é xente con pouco ilusión. Perderon relacións sociais e vanse deixando quedar na casa, porque non saben disfrutar de calquera oferta dun ocio máis creativo. Polo xeral a familia é o refuxio e eles acostúmanse a que a vida está a rematar. O que non aceptan é a posibilidade do sofremento e a agonía, é a iso ao que lle teñen medo. A morte acéptana.

Da vida do vello na aldea á da cidade que mudou?

Mudou moito. Había unha tradición de coidado dentro da fami-lia, que os novos hábitos de vida modificou. Penso que falta cariño, pero aínda permanece a influencia da familia pero con máis necesidade de axudas formais, sexan residencias ou centros de día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here