gtag('config', 'UA-106570544-1');
Luns, 28 Abril 2025

A ruína do agro galego, comparanza de prezos

Cando falan os números, a literatura sobra. Só hai que botarlle unha ollada a táboa de prezos oficiais do mercado da Semana Verde de Silleda de 1981 e comparalos cos de 2018, da Central Agropecuaria de Galicia, para darse conta de como minguaron os ingresos dos gandeiros galegos até levar a moitos á ruína. Ou citar que na década dos oitenta pagábaselle máis o litro de leite ao gandeiro que agora.

Collemos como referencia o 1981 pois foi cando o mercado gandeiro de Silleda comezou a funcionar e a publicar os prezos de referencia, para que os gandeiros e labregos os tivesen en conta. Fómoslle agregando os prezos oficiais nos anos 1986 e 1994, segundo estes foron sendo oficiais.

A comparanza cos prezos ao consumo nos anos oitenta, pode servirnos para ter unha idea máis certeira da perda do poder adquisitivo dos agricultores galegos. Hai un dato que fala por si só: desde o ano 2000 os prezos dos produtos de consumo medraron nun 40% e a inflación nun 30%, mentres que os prezos agrícolas e, sobre todo, gandeiros, aínda baixaron nalgúns casos.

É significativo que un becerro acabado de nacer se pagase a 194 euros no 1981 e hai dez días a tan só 181 euros.

E non falemos do que valía un becerro “cueiro” para a recría. Ou un xato. A súa venda arranxaba a economía dunha casa.

Pero hai outros moitos prezos que lles chamarán a atención.

Desde o ano 2000 os prezos dos produtos de consumo medraron nun 40%, a inflación o 30% e os prezos agrícolas e, sobre todo, gandeiros, aínda baixaron nalgúns casos.

O leite, motor do agro

Sen dúbida a produción láctea foi o motor do agro galego.

A produción láctea multiplicouse por 4,3 desde o ano 1977 ao 1992, superando a toda a produción agraria.

No ano 1980 o 35% das explotacións só tiñan unha ou dúas vacas, 3-4 vacas eran o 32%, de 5 a 8 vacas, supoñían o 27%. Só tiñan máis de oito vacas o 6% das explotacións. 

Os anos oitenta, foron os anos dourados da produción láctea galega. Os prezos variaban, segundo as explotacións e as empresas de recollida, pero chegouse a pagar o litro de leite a máis de 30 céntimos de euro. Aínda que a media situábase nesa década nuns 25 céntimos.

Hoxe, aínda que o custo de produción estímase nuns 30 céntimos, polo aumento do prezo dos pensos, combustíbel, electricidade, maquinaria…, o prezo medio do leite ao gandeiro galego nos últimos tres anos non supera os 28,6 céntimos/litro. O mesmo que na década dos oitenta!

Galiza é na comunidade que menos o pagan. Pola contra, en Andalucía, onde o prezo é máis alto, pagárono a 36 céntimos litro. A media da UE foi de 37,77 céntimos de euro litro.

Medias cotización Central Agropecuaria de Galicia

COELLO

1981 Media anual 1981 200,4 pesetas/kg vivo  – 2018 1,80 €

LEITON

1981 Media anual 1981 2.843 pesetas/UNIDADE  – 2018 55 €

PORCINO CEBADO SELECTO

1981 Media anual 1981 108,9 pesetas/kg vivo  – 2018 1,075 €

OVOS branco extra

1986 Media anual 19861 102,3 pesetas/ducia  – 2018 1,14 € / 1,68 €

VACÚN: BECERROS RECRÍA máis de 30 días

1986 Media anual 1986 41.077 pesetas/UNIDADE  – 2018 316,35 €

GALIÑA DE DESVELLE

1990 Media anual 1990 33,1 pesetas/kg vivo  – 2018 0,12/0,19 €

VACÚN: VACÚN MAIOR

1994 Media anual 1994 97.141,49 pesetas/UNIDADE  – 2018 825,37  €

 

Prezos dos anos 80: vida cotiá

Autobús urbano (Vigo) 0,25 euros

Un café con leite  60 pesetas (0,35 €)

Un botellín de cervexa 70 pesetas (0,40 €)

Un paquete de tabaco rubio 150 pesetas (0,90 €)

Un menú do día (prezo medio) 300 pesetas (1,80 €)

Un polo de laranxa ou limón 25 pesetas (0,15 €)

Unha entrada no fútbol 800 pesetas (4,80 €) para a final da Copa do Rei daquel ano (grada de gol de pé)

Prezos dos anos 80: a cesta de la compra

Unha barra de pan 25 pesetas (0,15 €)

 

Un quilo de febras de porco 750 pesetas (4,25 €)

Un pito (2 kg) 500 pesetas (3 €)

Un quilo de lentellas 170 pesetas (1 €)

Un quilo de sardiñas 100 pesetas (0,60 €)

Un litro de aceite de oliva 250 pesetas (1,50 €)

Un televisor de 20” 60.000 pesetas (360 €)

Afonso Eiré López
Afonso Eiré López
Afonso Eiré López (Laxe-Chantada 1955). Aos 7 anos xa escribía coplas. Aos 14 comeza a colaborar en El Progreso. Aos 15 anos leva o primeiro premio literario, o de Narracións da Caixa Rural de Lugo. Aos 18 marcha estudar xornalismo a Madrid. No 1977 incorporase ao equipo que pon en marcha A Nosa Terra e no 1981 lidera un grupo para evitar o seu peche e traslada o periódico de Compostela a Vigo. Ocupou o posto de director máis de 30 anos e tamén o de Conselleiro Delegado e Presidente na empresa editora do semanario nacionalista. Postos que compaxinou coa colaboración en diversos medios de Galiza e da península, como correspondente e comentarista político, función que tamén desempeña aínda hoxe. A súa traxectoria está premiada polos principais galardóns xornalísticos, entre eles a Medalla Castelao. Escribiu máis dunha ducia de libros, ensaio, crónica e novelas. Na actualidade tamén ocupa o cargo de Presidente

Outros artigos

Lembranza documental da asemblea fundacional do BNG

Nas páxinas de A Nosa Terra, entre xaneiro e...

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das...

González Mariñas, homenaxe a un valedor do autogoberno galego

O 8 de xuño vai recibir unha homenaxe na...

Lembrando a María Xesús Arias, Pitusa

Golpea a desaparición da xornalista María Xesús Arias o...

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario....

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e...

Artigos relacionados

As Caixas Galegas morreron de morte matada

Poida que haxa aínda xente despistada e outra carga as culpas, se cadra, contra quen non as ten. No final das caixas galegas hai...

Os ERE andaluces para xordos e mudos

«Ninguén pode crer que en Cádiz haxa case 800 xordos polos estaleiros, que nos anos 90 tiveron o visto e prácet do Goberno para...

Chantada, o rural ten futuro

Agora que caeu en desgraza, cítase moito como chantadino a Francisco González, o recén dimitido presidente de honra do BBVA. Aínda se fala tamén...
Share via
Copy link
Powered by Social Snap