O fenómeno das argalladas (fake news) está sendo utilizado como escusa para recortar liberdades e dereitos fundamentais. É un enfoque extremadamente perigoso. Así que, hai más de un ano, a Plataforma para os dereitos dixitais, Xnet, comezou a elaborar un informe que veñen de publicar “para encarar o problema das fake news e a desinformación sen poñer en dúbida os valores dos dereitos humanos e a democracia”. Titúlase #Fakeyou e aquí publicamos un resumo.

As argalladas no son un fenómeno novo. Nin o é que os históricos monopolios da manipulación informativa o utilicen como escusa para promover doutrinas normativas que recortan a liberdade de expresión e de información e criminalizan o uso de tecnoloxías como internet.

O informe #Fakeyou aspira a ser una ferramenta de defensa contra o recorte das liberdades fundamentais e, ao mesmo tempo, un arma contra as novas formas de manipulación, mentira e falsificación.

En #Fakeyou recopilan investigacións e proporcionan datos que desmontan os mitos sobre os que cabalga esta nova ola de lexislacións liberticidas. Fronte a isto, propoñen recomendacións normativas que atallen o problema de raíz, quer dicir, que ataquen aí onde se forxa o discurso mediático hexemónico e a propaganda.

Porque, malia a aplastante banalidade, o enfoque funciona: partidos e gobernos, auténticos coñecedores da verdade, deben protexer os cidadáns de si mesmos –no fondo son como nenos que fan mal uso da súa liberdade de expresión…– e dos seus inimigos, que hoxe son “os rusos”. Mañán xa veremos.

Porén, cos datos na man, a situación presentase xustamente como a oposta: desde a orixe dos tempos, os grandes produtores e viralizadores de fake news e de desinformación foron os gobernos, os partidos políticos, os mass media e as corporacions de grande alcance; ou os seus equivalentes para cada época histórica. Por unha razón ben sinxela. Non é por bondade ou excelencia moral que os cidadáns de a pé non teñamos impacto en canto a creación de trolas. É que para iso, para ter un alcance real, masivo, precísanse medios, e “a xente” non os ten.

Por outro lado, en ausencia de medios, a liberdade de expresión e de acceso á  información tense demostrado como o único instrumento viábel para destapar as mentiras -sistémicas e sistemáticas- deses mencionados grandes produtores.

Canta máis democracia, menos desinformación

Por todo isto, se queremos menos desinformación, precísase máis e mellor democracia e menos tecnofobia e criminalización das liberdades; máis rendición de contas e verificación e menos impunidade, paternalismo desinformado e monopolio dos medios e recursos informativos. En definitiva, necesitamos democracia, quer dicir, vixilancia cidadá sobre o que di e fai o poder.

Debemos afondar na defensa de internet e modificar o actual monopolio informativo, tendendo cara outro modelo que se base nunha redignificación da profesión periodística e dun control cidadán democrático, distribuído e aberto das institucións, neste caso, da “produción” de información.

Se queremos menos desinformación, precísase máis e mellor democracia e menos tecnofobia e criminalización das liberdades

O informe defende que se queremos preservar as liberdades básicas, non debemos entrar na análise dos contidos nin pretender definir o que é verdade e o que e mentira.

“A nosa estratexia é a de follow the money: poñendo o foco no lucro penalizaranse os pagos e cobros pola emisión e viralización de información sen as debidas garantías de veracidade”, afirman.

As argalladas ou fake news fan dano non en comparación con outras informacións máis o menos certas, senón cando teñen un impacto masivo. E isto ocorre cando existe unha inversión e, por consecuencia, cando se xeran beneficios.

Á luz do que estiveron analizando, propoñen claramente una dirección a seguir. En primeiro lugar, trátase de crear un marco normativo que desmantele o negocio da desinformación, para así acabar coa impunidade dos grandes fabricantes e viralizadores de fake news e desinformación (gobernos, partidos políticos, mass media e corporacions).

En segundo lugar, ou simultaneamente, sendo que internet permite  o acceso distribuído ás ferramentas, “debemos perseguir a hixiene do ecosistema informativo a través da transparencia e a verificación aberta e distribuída que xa se practica no ámbito científico e en múltiple comunidades online”. Toda iniciativa que implique delegar nuns poucos a confrontación do fenómeno das noticias falsas, sexa mediante un ente gubernamental ou unha empresa, implica un risco moi real de recorte de dereitos fundamentais, sobre todo no contexto actual europeo de regresión democrática.

As conclusións do informe

Para chegar a estas conclusións, o informe componse de varios capítulos.

Primeiramente comezan vendo como se están definindo neste momento as nocións de fake news e desinformación e descubren o grande esforzo de gobernos, partidos e mass media por salvar o pelello. Analizan “como en lugar de ir contra  o negocio monopolístico das corporacións do sector, criminalízanse as redes e “tecnoloxías” e perséguese as persoas no seu exercicio de dereitos e liberdades, tratando de perpetuar a asimetría propia da época predixital entre cidadanía e grandes medios”.

No segundo capítulo, “Breve historia das fake news, a manipulación informativa e a desinformación”, fan un percorrido histórico para deixar constancia de que o seu tratamento como “fenómeno novo” é en si mesmo unha argallada.

O fenómeno das noticias falsas non apareceu onte. O que resulta novo é a súa capacidadede facerse masiva en moi pouco tempo.

No terceiro capítulo xa entran de cheo no corazón da besta. Co título “Os grandes produtores e viralizadores de fake news e desinformación e o negocio da desinformación: Partidos políticos, gobernos, mass media, corporacións, negocios da comunicación” recopilan exemplos das enormes inversións de partidos políticos e gobernos na industria da desinformación masiva. Tamén analizan como funcionan as fábricas de bots nacionais (por 3.500 euros mercas un millón de seguidores) e como non é preciso fantasear coa  Rusia para entender o mui cotián que é o seu uso por parte da clase política de aquí e alá.

Falan de “produtores” sen medias tintas de cortesía porque están falando dunha verdadeira industria.

#Fakeyou entra despois nas valiosas ferramentas e experiencias existentes en canto a verificación da información. Fano sen inxenuidade, porque mostran que a verificación, neste estadio da democracia, non é unha práctica maioritaria entre a poboación. Séculos de dependencia informativa só poden contrarrestarse cun longo período de implementación deste tipo de mecanismos e de autorresponsabilización das sociedades.

“A verificación da veracidade informativa xa non é un monopolio da profesión periodística: desde a peer review do ámbito científico até a moderación de comunidades online como Reddit, vemos como xa existe ou proliferan iniciativas deste tipo día si, día tamén”. Tendo en conta a crecente deixación de funcións por parte dos grandes medios tradicionais neste ámbito, avogan por ampliar a combinación entre modelos profesionais que redignifiquen a profesión periodística e estruturas distribuídas de moderación e verificación.

Finalmente analizan o marco legal existente para configurar as súas recomendacións normativas, para que se confronte a cuestión das argalladas, fake news, e da desinformación sen prexuízo para os dereitos fundamentais como o dereito a liberdade de expresión e o acceso a información.

Na case totalidade dos primeiros esbozos de lexislación neste senso, atópanse con modelos paternalistas e que abren a porta a formas complexas de censura. A  esta situación contrapoñen propostas e recomendacións democráticas e realmente eficaces. Propostas que pasan a defender xa en todos os foros e parlamentos, “até que cambie a narrativa e se consiga que a batalla contra a desinformación pase por o fin dos monopolios da mentira e polo empoderamento da cidadanía de forma distribuída a carón do seu dereito de acceso a información ao exercicio da liberdade de expresión”.

Consideran que a obriga de verificación debe ser imperativa para todo “informador influente”, e a súa falta fortemente penalizada. Entenden por “informador influente” toda persoa física ou xurídica que teña gran poder de difusión dunha determinada información (incluídos gobernos, partidos políticos, mass media, corporacións e grandes marcas); e propoñen que a obriga debe ser imperativa “cando a difusión desa información se produce a raíz dun pago ou un cobro (publicidade)”.

A obriga de verificación debe ser imperativa para todo “informador influente”, e a súa falta fortemente penalizada

Por ultimo, o que consideran máis importante: propoñen establecer a obrigación de que todas as entidades inscritas no Rexistro de Partidos Políticos (partidos políticos, fundacións e entidades a estes vinculadas ou dependentes) de que publiquen os gastos detallados en materia de comunicacións electrónicas ou non. A tal efecto defenden “incluír unha obriga de publicidade activa na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno para exixir a publicación dos datos sobre comunicacións electrónicas e de interese xeneral contratadas por estas entidades fora e dentro do período de campaña electoral”.

Esta obriga debe supoñer unha maior precisión sobre os servizos de comunicación que contraten estas entidades (incluíndo o contido e gasto para cada un dos servizos contratados ou realizados polo equipo propio).

Afirman que “algunhas das nosas recomendacións poden resultarlles ofensivas, inauditas ou ambas cousas, pero deben saber que se aliñan ca Declaración conxunta sobre Liberdade de expresión e “noticias falsas”, desinformación e propaganda do Relator Especial das Nacións Unidas (ONU) para a Liberdade de Opinión e de Expresión, a Representante para a Liberdade dos Medios de Comunicación da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), o Relator Especial de la OEA para a Liberdade de Expresión e aa Relatora Especial sobre Liberdade de Expresión e Acceso a  Información da Comisión Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos (CADHP).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here