gtag('config', 'UA-106570544-1');
Domingo, 27 Abril 2025

Monólogo inédito de Gustavo Pernas

Arredor das once horas do 24 de febreiro de 1981 fora convocada unha asamblea. A
xente foi reunida coma sempre, a golpe de veña, a golpe de vamos. ”Quedamos ás
once en historias”, dicían as de medicina. A aula magna de Xeografía e Historia
petouse.

Como é natural, houbo soflamas antimilitaristas, sentimentos ben encendidos de “non
pasarán” e mil cousas sobre Tejero, sobre a posición escurrida do rei, sobre toda
aquela loucura que por entón xa dabamos por superada. Cadaquén que interviña
facíao sen atril, diríase que o facía desde o seu pupitre.

Foi nesa que baixou Gustavo. Nada de estar na fila quince. Baixou ao lugar do
profesorado e fixo un monólogo enardecente que hoxe parecería doutro mundo.
Gustavo Pernas fixo chorar mesmo aos que chegaban de económicas.

Por que? Pois porque se converteu en dono da emoción de todxs con tal intensidade
que non había estudante na sala que lle soubese roncar. Non é por aproveitamento
literario pero creo que nese monólogo inédito, inverno do 81, Gustavo Pernas
comezou a súa carreira fantástica na dramaturxia.


O escritor, director teatral e actor Gustavo Pernas (Viveiro, 1959), faleceu o 29 de outubro na Coruña. Máis información na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Outros artigos

Lembranza documental da asemblea fundacional do BNG

Nas páxinas de A Nosa Terra, entre xaneiro e...

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das...

González Mariñas, homenaxe a un valedor do autogoberno galego

O 8 de xuño vai recibir unha homenaxe na...

Lembrando a María Xesús Arias, Pitusa

Golpea a desaparición da xornalista María Xesús Arias o...

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario....

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e...

Artigos relacionados

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das escritoras galegas, organizada desde A Sega. Xa hai varias semanas nas que diferentes escritoras lémbrana...

Darío Xohán Cabana, pedra de futuro

Cunha obra literaria  extensa, e fitos de grande éxito ("Galván en Saor" foi un dos primeiros best sellers en galego no tránsito dos anos...

Xela Arias, unha entrevista e un poema inédito

Perdido na selva da hemetoteca, fuxindo do buscador de texto, en marzo de 1982 publicábamos quizais un dos primeiros poemas de Xela Arias, man...
Share via
Copy link
Powered by Social Snap