gtag('config', 'UA-106570544-1');
Martes, 29 Abril 2025

Darío Xohán Cabana, pedra de futuro

Cunha obra literaria  extensa, e fitos de grande éxito (“Galván en Saor” foi un dos primeiros best sellers en galego no tránsito dos anos 80/90) ven de deixarnos fisicamente Darío Xohán Cabana (1952-2021). En 1981 escribia no seu poema Preludio de Tanatos «Arrasarase o tempo  / de negra decadencia / cara a terra ou granito / das nosas sepulturas / e a tristeza encheranos /de terribles feridas / porque somos carne / podredoira mortal.» 

Xa era popular nas cancións de Fuxan os Ventos, pero en 1978 un cartaz en memoria de Xosé Ramón Reboiras, inzou en moitas paredes e cuartos do país. Quizais fose o seu canto emocionante un dos poemas en galego máis impresos na historia recente da nosa literatura, que resoaba militante e amical para ser dito en voz alta: «Dicídeme que a morte  / do noso camarada / é pedra de futuro / cimento de alborada / roxa estrela, martelo, / fouce, bandeira, cántiga, / dicídime que o vento / trae as súas palabras / que o seu corpo baril / pervive nas montañas, / Que non morreu Reboiras / Que está sempre na patria…». 

Darío Xohán Cabana recitando en 1979 o seu poema a Reboiras, o 12 de agosto no cemiterio de Imo. ©Xan Carballa/A Nosa Terra

O autor Darío Xohán Cabana, labrou tamén para a lingua unha enorme pedra de futuro, un con xigante, no que ademais da poesía, escintilou a novela e tamén o artigo de xornal, e como non na tradución ao galego dos versos de Dante ou Petrarca.

Procurandoo nome de Darío Xohán Cabana na colección de A Nosa Terra, o buscador chouta seguido de páxina en páxina. No primeiro ano, aparecen os artigos iniciais, e axiña é Darío crucigramista do xornal, un labor pioneiro que despois continuou até o derradeiro alento en La Voz de Galicia. Na Hemeroteca de  A Nosa Terra, está o escritor e tradutor premiado, o feroz polemista sobre a lingua ou a política, o articulista, o amigo emocionado que lembra,  o colaborador discontinuo mais permanente, o académico, o militante, o activista cultural.

Entrevistado en diversas ocasións, A Nosa Terra é testemuña desta biografía de entrega permanente, da que rescatamos nestes enlaces diferentes pegadas: as colaboracións da Carta Entreaberta de 1979/1980, artigos e columnas diversos e entrevistas concedidas ao longo dos anos.

Darío Xohán Cabana en A Nosa Terra

Carta entreaberta

Entrevistas

Artigos e columnas

Petrarca e Florencia

Xan Carballa
Xan Carballahttp://www.xancarballa.eu
Xan Carballa (Vigo, 1960). Xornalista, editor e fotógrafo.

Outros artigos

Lembranza documental da asemblea fundacional do BNG

Nas páxinas de A Nosa Terra, entre xaneiro e...

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das...

González Mariñas, homenaxe a un valedor do autogoberno galego

O 8 de xuño vai recibir unha homenaxe na...

Lembrando a María Xesús Arias, Pitusa

Golpea a desaparición da xornalista María Xesús Arias o...

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario....

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e...

Artigos relacionados

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das escritoras galegas, organizada desde A Sega. Xa hai varias semanas nas que diferentes escritoras lémbrana...

Xela Arias, unha entrevista e un poema inédito

Perdido na selva da hemetoteca, fuxindo do buscador de texto, en marzo de 1982 publicábamos quizais un dos primeiros poemas de Xela Arias, man...

Lino Braxe, a pegada imborrábel do poeta

O seu nome eufónico fixábase instantáneo na memoria. Fervía sempre de creatividade e déixanos novo, cando entre outras arelas dirixía o grupo de teatro...
Share via
Copy link
Powered by Social Snap