gtag('config', 'UA-106570544-1');
Luns, 28 Abril 2025

Máis hemeroteca, máis memoria, máis A Nosa Terra

Desde hai tres anos estamos incorporando novos contidos á edición dixital de A Nosa Terra. Acadado o obxectivo primeiro, que era poñer a disposición pública toda a colección contemporánea do semanario, nas próximas semanas e meses iremos dixitalizando a colección de edicións especiais: A Nosa Cultura, A Nosa Historia e Cadernos de Pensamento e Cultura.

Comezamos por unha publicación que marcou un antes e un despois na fixación do concepto de memoria democrática. O especial “O 36 na Galiza” tivo un éxito do que nós fomos os primeiros sorprendidos. Dúas edicións esgotadas en poucas semanas, con máis de 10.000 exemplares vendidos, foron un fito incontestábel e probaba a fame cidadá por saber e completar un pasado fragmentado e cheo de experiencias políticas e sociais. Era marzo de 1986, pasaran 50 anos desde o golpe de estado, procurabamos poñer un novo ladrillo nunha tarea sen fin. Nos anos seguintes aprofundamos no percorrido do periodo ditatorial en dúas novas publicacións: A Nosa Historia 2 Os anos despois (1936-1953) e A Nosa Historia 5 Galiza: 1953-1975Velaquí os froitos daquela andaina.

En anos  sucesivos completous e a colección A Nosa Historia con novos títulos.

A Nosa Historia 3-4. Decenario. (Elaborado para conmemorar o 10 aniversario da saída). Decenario Parte 1 —- Decenario. Parte 2

A Nosa Historia 6. O nacimento dunha nación

A Nosa Historia 7. Os mártires do 36

Outros artigos

Lembranza documental da asemblea fundacional do BNG

Nas páxinas de A Nosa Terra, entre xaneiro e...

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das...

González Mariñas, homenaxe a un valedor do autogoberno galego

O 8 de xuño vai recibir unha homenaxe na...

Lembrando a María Xesús Arias, Pitusa

Golpea a desaparición da xornalista María Xesús Arias o...

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario....

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e...

Artigos relacionados

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario. Mestra excepcional, pedagoga da experiencia directa, a súa biografía alfómbrana as flores de moitas mulleres...

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e o debate que propoñía o recén desaparecido empresario galego Maxín Alfredo Froiz (1943-2022), segue de...

O sindicalista que recitaba a Curros

Tiven a sorte de coñecer, aprender e asombrarme coa súa dialéctica, cos seus coñecementos, coa súa postura diante das inxustizas que nos rodeaban a...
Share via
Copy link
Powered by Social Snap