gtag('config', 'UA-106570544-1');
Luns, 28 Abril 2025

Unidade do sindicalismo agrario

Xa hai algúns meses que dirixentes do Sindicato Labrego Galego (SLG) e da Federación Rural Galega (FRUGA) emprenderon “contactos informais” para comezar o proceso de reunificación do sindicalismo agrario nacionalista.

Nestas conversas, os representantes de ambos sindicatos puideron constatar, segundo manifestacións de ambas as dúas partes a ANT, a existencia dunha “vontade unificadora” común.

Os contactos semellan ser un paso máis no camiño reagrupador que comezou nas últimas eleccións aos Consellos Reguladores, nas que xa presentaron candidaturas conxuntas, agás en dúas Denominacións onde non se cumpriu o pactado.

Ambas partes tamén coinciden en afirmar que “a xente do campo non entende a división (…) o agro galego, cos seus problemas históricos e cun abandono das explotacións, precisa, máis ca nunca, un sindicato forte e centrado no país”.

Aínda así, semella que precisan un tempo para ir tecendo a arañeira da reunificación, que comezará porque se restableza tamén a sintonía persoal que se perdeu no proceso de disputas e ruptura interna.

Pero os tempos xa non son os mesmos de unha década atrás. Houbo renovación nos liderados, por máis que os que seguen en activos desde aquel proceso traumático, tanto da FRUGA coma do SLG, deberán de ter un papel protagonista e tender as pontes necesarias.

A ruptura do Sindicato Labrego Galego foi a primeira que se produciu no nacionalismo, antes de quebrar o BNG na Asemblea de Amío. Produciuse por dúas cuestións principais. Dunha banda, pola relación que o sindicato debía ter coa Consellaría do Medio Rural, que gobernaba o nacionalista Alfredo Súarez Canal e que tiña entre os seus cargos de confianza a ex dirixentes do SLG. Pola outra as alianzas do sindicalismo agrario nacionalista con organizacións estatais, que se concretaría na integración do SLG na COAG (Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos).

O Congreso que vai celebrar o Sindicato Labrego Galego en 2019, pode ser unha data axeitada, segundo diversas fontes, para que se materialice a reunificación.

Comezará así o nacionalismo o seu camiño de volta cara a necesaria unidade?.

Afonso Eiré López
Afonso Eiré López
Afonso Eiré López (Laxe-Chantada 1955). Aos 7 anos xa escribía coplas. Aos 14 comeza a colaborar en El Progreso. Aos 15 anos leva o primeiro premio literario, o de Narracións da Caixa Rural de Lugo. Aos 18 marcha estudar xornalismo a Madrid. No 1977 incorporase ao equipo que pon en marcha A Nosa Terra e no 1981 lidera un grupo para evitar o seu peche e traslada o periódico de Compostela a Vigo. Ocupou o posto de director máis de 30 anos e tamén o de Conselleiro Delegado e Presidente na empresa editora do semanario nacionalista. Postos que compaxinou coa colaboración en diversos medios de Galiza e da península, como correspondente e comentarista político, función que tamén desempeña aínda hoxe. A súa traxectoria está premiada polos principais galardóns xornalísticos, entre eles a Medalla Castelao. Escribiu máis dunha ducia de libros, ensaio, crónica e novelas. Na actualidade tamén ocupa o cargo de Presidente

Outros artigos

Lembranza documental da asemblea fundacional do BNG

Nas páxinas de A Nosa Terra, entre xaneiro e...

Luísa Villalta, no día das galegas nas letras 2022

Chega a novena edición da celebración en agosto das...

González Mariñas, homenaxe a un valedor do autogoberno galego

O 8 de xuño vai recibir unha homenaxe na...

Lembrando a María Xesús Arias, Pitusa

Golpea a desaparición da xornalista María Xesús Arias o...

Antía Cal, a mestra do Rosalia de Castro

Naceu no 1923 e foise na fronteira do centenario....

Maxín Alfredo Froiz: ‘Os hipermercados franceses estannos colonizando’

A entrevista ten tres décadas, pero o modelo e...

Artigos relacionados

Unidade electoral e conciencia nacional

Desde 1977 os electores galegos sempre votaron nos comicios xerais máis en clave estatal que galega. Aínda que podemos afirmar que é consecuencia da...

O enfoque legalista da guerra civil

No debate sobre a guerra civil, de cuxo final se acaban de cumprir 80 anos, dominan dúas posturas enfrontadas: a dos valedores das teses...

As argalladas: non te engana quen ti pensas

O fenómeno das argalladas (fake news) está sendo utilizado como escusa para recortar liberdades e dereitos fundamentais. É un enfoque extremadamente perigoso. Así que,...
Share via
Copy link
Powered by Social Snap